Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

Qué é divulgacion360.org?

  •  

Divulgación 360 quere ser o espazo común da divulgación e a comunicación da ciencia, a tecnoloxía e a innovación en Galicia. Un punto de encontro e información para as entidades que organizan actividades e tamén para o público interesado en asistir a elas. Trátase dunha iniciativa da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, da Consellería de Economía e Industria, para atender as demandas das persoas e entidades que veñen traballando no ámbito da divulgación en Galicia nos últimos anos.

 

Os obxetivos de divulgacion360.org son:

    - Crear unha estructura estable para a difusión e potenciamento da divulgación da ciencia
    e a I+D+i en Galicia.

    - Aglutinar, unificar e coordinar nun único espazo toda a oferta de actividades de divulgación
    da ciencia e a I+D+i.

    - Ofrecer ao público interesado un único espazo no que informarse das actividades
    e recursos para a divulgaciún científica.

    - Ofrecer ás entidades organizadoras un espazo no que intercambiar ideas, experiencias,
    recursos, etc.

    - Difundir e potenciar as actividades de divulgación que cada ano se realizan na Comunidade.

 

A vocación desta web é a de fomentar a participación colectiva e a de abranguer os 360 graos da comunicación e divulgación da ciencia, a tecnoloxía e a innovación: persoas interesadas / potenciais asistentes a actividades / entidades organizadoras / administracións públicas. Quere ser ademais un instrumento que dé entrada á diversidade e á riqueza da divulgación en Galicia, tanto en temáticas, coma en formatos como en lugares de celebración.

 

Esta rede está aberta a toda persoa/entidade que queira participar no mundo da divulgación nas súas múltiples posibilidades: asistindo ás actividades, organizando accións, colaborando na divulgación, asesorando no deseño, etc. A finalidade última é dar unha maior coherencia ás actividades que se realizan, unificar criterios, mellorar a difusión, aumentar a eficiencia na execución das accións compartindo materiais, produtos e ideas e, en definitiva, mellorando a calidade das accións a través dunha maior comunicación entre as entidades e entre as entidades e o público.

 

Entra e participa en divulgacion360.org

Pe de paxina