14/03/17

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

Convócase a edición 2017 do concurso Explícoche Matemáticas 2.0

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • Explícoche Matemáticas 2.0 é un concurso dirixido ao alumnado das universidades públicas españolas, de grao ou máster, e a estudantes de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato e ciclos de FP dos centros de educación secundaria de Galicia e comunidades limítrofes. Organizado pola Facultade de Matemáticas da USC en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística da USC, o obxectivo do concurso é promover a utilización do galego como medio de transmisión das Matemáticas, así como a creatividade do alumnado, a través da realización de curtametraxes de dous minutos de duración nas que se explique en galego un concepto matemático. Os proxectos deberán remitirse até o 22 de abril de 2017. Máis info:http://www.usc.es/gl/centros/matematicas/CNL/Explicoche_matematicas_2_0_2017/bases2017.html
Pe de paxina