12/05/17

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

Convocada a II edición do Premio Galicia de Xornalismo Científico

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (GAIN)da Xunta, abre ata o 22 de xuño o prazo de presentación de candidaturas ao Premio Galicia de Xornalismo Científico 2017. O galardón, que alcanza a súa segunda edición, recoñecerá con 4.000 euros netos o mellor traballo de difusión da investigación científica publicado por un medio de comunicación entre o o 1 xullo de 2016 e o 30 de abril de 2017 en calquera medio galego (ou edición galega dun medio estatal): diarios dixitais ou en papel, radio ou televisión. Podes consultar as bases aquí: http://www.ragc.gal/sites/default/files/premios/bases_premio_galicia_xornalismo_cientifico_2017.pdf
Pe de paxina