04/10/17

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

Premios Valentín Paz Andrade de investigación en Economía de Galicia

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • Premia aqueles traballos que contribúan ao mellor coñecemento da realidade económico-social desta comunidade e ao establecemento das mellores políticas para contribuír ao benestar dos seus cidadáns. Están impulsados polo Consello Económico e Social de Galicia e o Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia da USC (IDEGA). O premio contempla dúas modalidades: traballos publicados en revistas científicas ou en editoriais recoñecidas entre o 15 de outubro de 2016 e o 14 de outubro de 2017 e teses de doutoramento presentadas en calquera universidade entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 14 de outubro de 2017.A proposta de candidaturas poderá realizarse ata o 15 de novembro. Máis información: http://www.usc.gal/idega/
Pe de paxina