04/10/17

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

III Premio de xornalismo Foro Transfiere

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • Está aberta a convocatoria da terceira edición do Premio de Xornalismo de Apoio á Divulgación Científica, Tecnolóxica e Innovadora, organizado por Transfire, Foro Europeo para a Ciencia, Tecnoloxía e Innovación. O obxectivo deste galardón é valorar o labor realizado por xornalistas e divulgadores para dar a coñecer a innovación tecnolóxica desenvolvida en España e a súa converxencia no ámbito internacional. Poden presentarse traballos xornalísticos escritos e audiovisuais (prensa, radio, televisión e/ou medios dixitais) ata o 31 de decembro de 2017. O contido dos traballos deberá abordar a innovación tecnolóxica no ámbito das temáticas principais que actúan como eixos do Foro Transfiere. Hai un premio de 3.000 euros en cada modalidade. Máis información: http://transfiere.malaga.eu/
Pe de paxina