30/11/17

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

Bolsa de formación en Bruxelas

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • A Fundación Galicia Europa convoca por terceiro ano consecutivo e en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN), unha bolsa de prácticas formativas para titulados superiores universitarios co obxecto de formar á persoa seleccionada na xestión de proxectos europeos no ámbito da innovación e a investigación. A bolsa terá unha duración dun ano e se desenvolverá integramente na oficina da FGE en Bruxelas. Entre os requsitos destacan: ter unha vinculación con Galicia, ter obtido un título universitario superior con posterioridade a 2010, non ser beneficiario de ningunha convocatoria anterior de bolsas da FGE ou demostrar o dominio das linguas galega, española e inglesa. Prazo: 22 de decembro https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR770M&ano=2017&numpub=1&lang=gl
Pe de paxina