16/03/18

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

Bolsas para asistir ao sexto Heidelberg Laureate Forum

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • Do 23 ao 28 de setembro de 2018 celébrase en Alemaña o sexto Heidelberg Laureate Forum, un encontro con importantes matemáticos e informáticos de todo o mundo gañadores dos premios Abel, Fields, ACM Prize in Computing, Turing e Nevanlinna, con 200 mozos investigadores. A Heidelberg Laureate Forum Foundation (HLFF) ofrece 15 bolsas de viaxe para xornalistas de ciencia de todo o mundo que desexen asistir a cubrir o Foro. As bolsas inclúen os custos de viaxe, aloxamento e comidas durante a estancia en Heildelberg (e unha reunión cos medios de comunicación a noite do 22 de setembro). O prazo para enviar as solicitudes de bolsas de viaxe a media@heidelberg-laureate-forum.org remata o 15 de maio. Máis información: http://www.heidelberg-laureate-forum.org
Pe de paxina