02/11/18

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

Concurso de debuxo escolar "Conservación da natureza"

  • [ Semana da Ciencia ]
  •  
  • A Misión Biolóxica de Galicia organiza un concurso de debuxo coa colaboración de Sociedade de Ciencias de Galicia, o Liceo Casino de Pontevedra, a Estación Fitopatolóxica do Areeiro (Deputación de Pontevedra) a través da Unidade Asociada á MBG “Sistemas Agroforestais” e ENCE-Enerxía e Celulosa. Diríxese a escolares con idades comprendidas entre os 6 e os 11 anos. Todos os debuxos mostraranse no Liceo Casino do 19 ao 23 de novembro. Adxudicarase un primeiro e un segundo premio por categoría. Ademais, outorgarase un premio especial aos concursantes dos municipios de Pontevedra, Marín e Poio por cada categoría. Os premios consisten en bonos trocables por material de debuxo ou librería.
Pe de paxina