Máis Divulgación?

  •  

"Máis divulgación" é un espazo que pretende acoller todas as actividades de divulgación da ciencia, a tecnoloxía e a innovación que se celebren en Galicia e que non se enmarcan en ningunha das citas que contan con espazos propios nesta web.

 

Cada día son máis as entidades galegas que incorporan a divulgación á súa programación de actividades dun xeito estable e continuado ao longo do ano, independentemente das conmemoracións que celebre puntualmente o mundo científico. A elo hai que engadir a diversidade temática, que sobrepasa as celebracións anuais e abrangue todo tipo de temas e áreas. Para dar acollida a todas estas actividades e para que o público saiba onde informarse sobre elas nace "Mais divulgación".

 

Este apartado estará aberto á participación de todas as entidades e persoas que desexen difundir as súas actividades de divulgación da ciencia, a tecnoloxía e innovación, sexa cal sexa o formato, a temática ou a data de celebración. Só é preciso ter gaņas de difundila e fomentar a participación da sociedade."

Pe de paxina