Conmemoracións 2017

  •  

O ano 2017 foi declarado polas Nacións Unidas como Ano Internacional do Turismo Sostible para o Desenvolvemento (A/RES/70/193). O obxectivo é sensibilizar aos responsables de tomar decisións e ao público en xeral da contribución do turismo sostible ao desenvolvemento, así como fomentar un cambio nas políticas, as prácticas de empresa e o comportamento dos consumidores para promover un sector turístico máis sostible. Neste senso, fará fincapé no papel do turismo en cinco ámbitos: o crecemento económico inclusivo e sostible; a inclusión social, emprego e redución da pobreza; o uso eficiente dos recursos, protección ambiental e cambio climático; os valores culturais, diversidade e patrimonio; e a comprensión mutua, paz e seguridade.

A Organización Mundial do Turismo (OMT), o organismo das Nacións Unidas encargado da promoción de turismo, foi elixido para organizar e celebrar este ano Internacional, en colaboración cos gobernos, as organizacións pertinentes do sistema das Nacións Unidas, outras organizacións internacionais e rexionais e todos os demais interesados relevantes. Calquera entidade pode unirse á celebración de 2017 como Ano Internacional de Turismo Sostible para o Desenvolvemento.

Máis información: http://www.tourism4development2017.org

Pe de paxina