10/01/11 - Foi merecedor do Premio Galicia de Investigación, entre outros

Falece o xeógrafo Francisco Javier Río Barja

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • Faleceu o intelectual, xeógrafo e docente da USC Francisco Javier Río Barja.
     
    Nacido en Lugo pero asentado en Compostela, Río Barja foi merecedor de numerosos recoñecementos á súa traxectoria, como o Premio Galicia de Investigación, a Medalla Castelao da Xunta de Galicia, o Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo ou o premio Valle-Inclán e Alfredo Brañas do Centro Galego de Bos Aires.

    Integrante da Real Academia Galega, da Academia de Ciencias e do Consello da Cultura Galega, foi tamén director do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. Discípulo de Ramón Otero Pedrayo, entre as súas contribucións destacan o seu traballo a prol do desenvolvemento dos estudos e investigacións en todo o relacionado coa Xeografía e, de xeito particular e pioneiro, no ámbito da Xeografía Económica.

    Fonte: Xornal da USC
     
Pe de paxina