11/07/14 - Pola Fundación Telefónica

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

InvestigArte, seleccionado pola súa eficacia no fomento das vocacións científicas

  • [ Conmemoracións 2015 ]
  •  
  • O concurso InvestigArte acaba de ser seleccionado pola Fundación Telefónica entre as cen iniciativas máis eficaces para fomentar as vocacións científicas e tecnolóxicas. A Fundación Telefónica busca identificar aquelas iniciativas educativas innovadoras con resultados demostrados no ámbito do ensino das ciencias.
     
    InvestigArte é unha convocatoria que xa acumula dúas edicións e que busca, a través da imaxe, explicar ás novas xeracións e á sociedade en xeral o alcance das innovacións científicas e tecnolóxicas asociadas a proxectos de investigación. Grupos de investigación, así como alumnado de ESO, Bacharelato e Formación Profesional son os destinatarios deste concurso. No seu desenvolvemento cooperan o Campus de Excelencia Internacional da USC, Campus Vida; educaBarrié (a canle de comunicación coa comunidade educativa da Fundación Barrié); e o Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago (IDIS).
     

    Fonte e máis información: Xornal da USC
Pe de paxina