16/07/14 - 2014 é o Ano español da Biotecnoloxía

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

Presentan o programa de actividades do Ano da Biotecnoloxía

  • [ Conmemoracións 2015 ]
  •  
  • A secretaria de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, Carmen Vela, presidiu o pasado luns a presentación do programa de actividades do Ano da Biotecnoloxía en España. Esta iniciativa nace da Federación Española de Biotecnólogos (FEBiotec), a Asociación Española de Bioempresas (ASEBIO), a Sociedade Española de Biotecnoloxía (SEBiot) e a Sociedade Española de Microbioloxía (SEM), co obxectivo de impulsar a biotecnoloxía española en todas as súas facetas e mellorar o seu ensino e comunicación social.

    Actividades de divulgación
    As entidades promotoras desta conmemoración puxeron en marcha un gran número de accións ao longo deste ano, entre as que destacan o Biotech Annual Congress 2014, VIII Congreso da Federación Española de Biotecnólogos, celebrado en Barcelona a pasada semana, ou o Biotech Lifelong Learning Network (BLLN), co que a federación promove a organización de cursos formativos dirixidos a profesionais de ciencias da vida e persoas interesadas na biotecnoloxía e áreas relacionadas.

    Pola súa banda, ASEBIO, que este ano celebra o seu XV aniversario, promoveu o Curso de Verán "Biotecnoloxía ou Saúde: desde a ciencia e a tecnoloxía ao impacto socioeconómico" na Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP), no que se mostrou a enorme riqueza e diversidade que ofrecen as tecnoloxías da vida. Tamén desenvolveu a aplicación móbil gratuíta InvestBio, que permite ao usuario recibir cada día, durante 2014, impactos en formato flash sobre os avances do sector biotecnolóxico ligados a efemérides. Doutra banda, organizará un Foro de Stakeholders en Biospain 2014 no que pacientes, consumidores, agricultores, ecoloxistas, e outros públicos representantes da sociedade civil debaterán sobre o impacto social e as posibles incertezas e oportunidades que ofrece a biotecnoloxía nos seus tres ámbitos máis importantes: sanitario, agroalimentario e industrial.

    Respecto da SEBiot, que este ano celebra o seu 25 aniversario, organizou, no marco do Congreso BIOTEC2014, celebrado do 1 ao 4 de xullo, os seminarios avanzados en Procesos Biotecnolóxicos e Tecnoloxías Ómicas. Ademais, durante a Semana Nacional de Biotecnoloxía, que coincidirá coa Semana Europea da Biotecnoloxía e celebrarase do 6 ao 12 de outubro, organizará o ciclo de conferencias "ConCIENCIATE: o futuro xa está aquí", así como as xornadas de portas abertas a distintos centros de investigación e universidades españoles e charlas divulgativas. Tamén colaborará co d3 mobile Metrology World League, un campionato de modelado 3D de precisión co teléfono móbil organizado polo Grupo de Investigación USCAN3D da Universidade de Santiago de Compostela. Outra das actividades programadas será a de promover a Carreira pola Biotecnoloxía, co fin de concienciar aos cidadáns sobre a importancia deste sector.

    Desde a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), principal impulsor da divulgación da ciencia no noso país, tamén se deseñou un programa de actividades co ánimo de promocionar e achegar o coñecemento e as múltiples aplicacións da biotecnoloxía á sociedade. A Convocatoria de Axudas para o fomento da cultura científica e da innovación, que en 2014 destinará máis de tres millóns de euros á divulgación da ciencia, dedicará en torno ao 10% do orzamento a proxectos de divulgación e promoción da biotecnoloxía.

    Do mesmo xeito, o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT), cuxa xestión está encomendada a FECYT e que trasladará a súa sede madrileña a Alcobendas, inaugurarase a finais de setembro cunha exposición temporal que fará un percorrido histórico da biotecnoloxía desde o neolítico até a biotecnoloxía moderna.

    Outras das actividades que FECYT organiza anualmente e que tamén estarán moi ligadas ao Ano da Biotecnoloxía, son os Campus Científicos de Verán, onde están a participar este mes de xullo 1.920 alumnos de 4º de ESO e 1º de Bacharelato; o certame de fotografía científica Fotciencia, no que se fará unha selección das mellores fotografías vinculadas á biotecnoloxía; ou o Finde Científico, que se celebrará o próximo mes de outubro e onde alumnos de centros educativos desenvolverán proxectos de divulgación dedicados á biotecnoloxía e exporanos ao público durante todo un fin de semana.

    Fonte: FECYT

    Máis información en:
    www.2014biotec.es
    www.añodelabiotecnologia.es

Pe de paxina