30/06/15 - Froito da colaboración da USC e Meteogalicia

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

Nace a Rede galega de medida do brillo do ceo nocturno

  • [ Conmemoracións 2015 ]
  •  
  • Onte presentouse a Rede galega de medida do brillo do ceo nocturno, na que a Universidade de Santiago e Meteogalicia colaboran. Esta rede servirá para avaliar os niveis de contaminación lumínica e así mellorar as medidas de eficiencia enerxética en Galicia, así como para as actividades astronómicas. . Trátase dunha das primeiras e máis extensas redes públicas existentes a nivel mundial para a monitorización dos niveis de brillo do ceo provocados polas emisións artificiais de luz, segundo a nova publicada no xornal da USC.

    Trátase dun servizo composto por trece detectores instalados noutras tantas estacións meteorolóxicas de Meteogalicia que recollen os datos obtidos dende a súa entrada en servizo progresivo nos anos 2013 e 2014. Os resultados desas medicións poden consultarse xa na web de Meteogalicia onde se mostran datos das máis de 4,5 millóns de medicións realizadas durante o ano 2014.

    Fonte e máis información: Xornal da USC

     

Pe de paxina