04/09/15 - 80 proxectos participarán na 10ª edición da feira

Galiciencia abre o prazo para recibir proxectos

  • [ Semana da Ciencia ]
  •  
  • Tecnópole abre o prazo de recepción de proxectos para a Galiciencia 2015 ata o próximo 25 de outubro. A maior feira científica de Galicia inicia así o proceso de selección dos 80 proxectos cos que celebrará o seu décimo aniversario. O evento terá lugar entre o 18 e o 20 de novembro nas instalacións do Parque Tecnolóxico de Galicia, no concello ourensán de San Cibrao das Viñas. A súa celebración é posible un ano máis grazas ao apoio da Consellería de Economía e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación. As bases están xa dispoñibles en www.galiciencia.com.

    Fonte: Tecnópole

Pe de paxina