10/11/15 - Exporanse 74 enxeños procedentes de Galicia, Euskadi e Cataluña

Galiciencia chega á súa X edición con récord de proxectos

  • [ Semana da Ciencia ]
  •  
  • Durante os días 18, 19 e 20 de novembro celebrarase en San Cibrao das Viñas (Ourense) a décima edición da feira Galiciencia, organizada por Tecnópole en colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria. Nesta edición especial expoñerase unha cifra récord de proxectos: un total de 74 investigacións e enxeños de equipos procedentes de toda Galicia, Euskadi e Cataluña.  Ademais, reforzarán as actividades paralelas e consolídase a entrada de proxectos de Primaria na feira. 

    A previsión de visitas de grupos escolares de toda Galicia supera as 2000, ás que se sumarán as persoas que acudan pola súa conta, xa que a feira é de entrada libre para particulares e familias polas tardes. A exposición de proxectos permanecerá aberta de 10 a 13 horas pola mañá e de 15 a 18 horas pola tarde.

    Fonte: Tecnópole

     

Pe de paxina