21/12/16 - Leva o nome da enfermeira que participou na expedición Balmís

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

A Universidade e o Concello da Coruña crean a cátedra Isabel Zendal de divulgación científica

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o alcalde do Concello da Coruña, Xulio Ferreiro, presentan hoxe, mércores, 21 de decembro, a Cátedra de Divulgación Científica “Isabel Zendal”.
    Isabel Zendal foi a enfermeira do Hospital de Caridade da Coruña que participou na Real Expedición Filantrópica da Vacina de varíola de Francisco Xavier Balmis ao coidado dos 22 nenos de entre tres e nove anos da Casa de Expósitos da Coruña que foron desde A Coruña a México e dos 26 que foron desde Acapulco a Filipinas durante os dez anos que durou a expedición para levar a vacina a América.
    No mesmo acto, organizado pola Unidade de Divulgación Científica e Cultural da UDC, impartirase a charla do escritor Javier Moro e o xornalista Antonio López Mariño sobre Isabel Zendal e a Real Expedición Filantrópica da vacuna, “Tras os pasos de Isabel Zendal”. Tamén se entregarán os premios de divulgación científica Expociencia 2016, que se convocaron coa colaboración da Deputación da Coruña.
    A primeira convocatoria de premios Expociencia constou de tres modalidades: pósters innovadores que respondan a preguntas de ciencia básica e aplicada; fotografía científica e traballos audiovisuais. Así o xurado decidiu, na categoría de Póster innovador, entregar o primeiro premio a “Las mantis ateas”, de Marta Ramírez Angulo e o segundo premio a “Contaminantes emerxentes: os ftalatos”, de Ana Isabel Mañán Rivadulla, e un terceiro premio para “Mechanical characterization of structural adhesives for crashworthiness Applications”, de Mario de Lucio Alonso.
    Na modalidade de Fotografía científica, o primeiro premio é para “As cores dos anfibios” de Pedro Vázquez Álvarez; segundo premio: “Salud y medio ambiente”, de Silvia Veiga Seijo e Raquel Veiga Seijo; e terceiro premio: “A vida do outono”, de Antía Pintor Labandeira. E na modalidade de Traballos audiovisuais entregarase mañá o primeiro premio a “Vida entre roca y marea” de Carlos Veloy Domínguez

Pe de paxina