04/05/17 - Intégrase na Sección de Ciencias Económicas e Sociais

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

O catedrático de Socioloxía Antón Álvarez Sousa ingresa na Real Academia Galega de Ciencias

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • A Real Academia Galega de Ciencias(RAGC) celebrou o pasado 25 de abril no Pazo de San Roque (Santiago) o acto de ingreso de Antonio Álvarez Sousa, catedrático no Departamento de Socioloxía da Universidade da Coruña (UDC), que se integra na Sección de Ciencias Económicas e Sociais.

    O discurso de ingreso do novo académico da RAGC versou sobre “Doazón de órganos: Factores sociais e propostas de acción”. Logo de pronuncialo, recibiu a medalla de mans do presidente da RAGC, Miguel Ángel Ríos, e o diploma, entregado poloreitor da UDC, Julio Abalde.

    Ao acto asistiron, ademáis, o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Viaño; o secretario xeral de Universidades da Xunta, José Alberto Díez de Castro; o concelleiro de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago, Manuel Dios; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; a directora da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, Marisa López; e o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Antón Arias, entre outros.

    Álvarez Sousa (1960, Cartelle, Ourense) ten no seu haber tres licenciaturas: Filosofía e Ciencias da Educación; Política e Socioloxía; e Comunicación Audiovisual. Obtivo o título de doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid, institución que posteriormente lle concedeu o seu primeiro Premio de Investigación na Área de Ciencias Xurídico-Sociais. Na actualidade, é catedrático e decano da Facultade de Socioloxía da UDC.

    Ao longo da súa traxectoria, realizou estancias como investigador e como profesor de mestrado e de doutoramento en distintas universidades de Europa, Estados Unidos e América Latina.

    Na actualidade, combina a dirección do curso de posgrao da UDC sobre Planificación e Desenvolvemento Local coa coordinación do Mestrado e Doutoramento en Planificación e Xestión de Destinos e Novos Produtos Turísticos. Ademais, preside a Asociación Galega de Socioloxía e o grupo de investigación sobre Turismo e Ocio da Federación Española de Socioloxía, ao tempo que dirixe varios proxectos de cooperación para o desenvolvemento.

    O equipo de investigación que coordina estivo ao cargo do desenvolvemento dos plans de excelencia e de dinamización do turismo de varios municipios e comarcas de España. Actualmente, lidera proxectos relacionados co emprendemento turístico no Camiño de Santiago e co Plan de Turismo Galicia 2020, entre outros.

    Ata o de agora dirixiu seis teses de doutoramento e publicou numerosos libros, capítulos e artigos científicos.

Pe de paxina