06/08/18 - Situados en espazos naturais e urbanos

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

Unha nova web promove destinos de ciencia en Galicia

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O portal dixital GCiencia, en colaboración con Observer Turismo Científico e co apoio da Deputación da Coruña acaba de presentar Destinos de ciencia, unha nova web que pretende promover a cultura científica no noso país e pór de relevo os recursos deste tipo que están na nosa xeografía, tanto en espazos naturais como en contornas urbanas. Entrevistas, reportaxes e información achegarán información sobre destinos xeolóxicos, espeleolóxicos, naturais, de ornitoloxía, museos, observación de estrelas e outros contidos farán parte da nova iniciativa, que xa publicou os seus primeiros contidos.

    Fonte: http://culturagalega.gal/noticia.php?id=28907

     

Pe de paxina