Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

Fichas de experimentos relacionados coa luz

  • [ Conmemoracións 2015 ]
  •  
  • O Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), elaborou dez fichas de experimentos para que os máis novos da familia, e tamén os maiores, aprendan dunha maneira sinxela e amena diferentes conceptos relacionados coa luz, como construír un microscopio caseiro, crear un arco da vella ou proxectar un holograma.
    Estes experimentos poden realizarse tanto nas aulas como nos fogares con materiais de uso cotián. Os contidos son adecuados para todas as idades (a partir de Educación Infantil), pero están especialmente orientados a nenos e nenas de Primaria e Secundaria. Mentres os maiores poden entender a base científica do experimento, os máis pequenos observarán un fenómeno físico suxestivo.
    As fichas de experimentos, xunto coas unidades didácticas da luz, complementan a exposición itineratne "Un Universo de Luz". Todos estes recursos foron producidos polo CSIC, co apoio da FECYT, no marco da celebración en 2015 do Ano Internacional da Luz e as Tecnoloxías baseadas na Luz.

    Podes descargar as fichas aquí: http://www.luz2015.es/luzCSIC/formexpo.php?formulario=2

Pe de paxina